O suceso tivo lugar a media mañá deste mércores na intersección da rúa Estrela coa rúa Perú. Un Renault Clio conducido por un home maior natural da parroquia de Sísamo, en Carballo, ía ao volante dese coche en dirección á rúa Luis Calvo, cando por causas que se investigan se saíu do carril pola súa marxe dereita, subiu á acera e estrelouse contra a cristaleira do escaparate da tenda de roupa Quiero Tejanos. Por sorte non atropelou a ninguén e tampouco ningunha persoa resultou ferida dentro da tenda. O que si provocou foron importantes danos materiais, ademais das lunas de cristal, quedou inservible a estrutura de aceiro que os soportaba así como os maniquíes da exposición e parte do falso teito do escaparate. A versión do condutor, que deu negativo na proba de alcoholemia, era que se despistou. Foi necesaria a actuación dun guindastre para desencaixar o turismo do inmoble.
24