Un veciño de Arteixo sen permiso de condución sáltase un control de tráfico golpeando a barreira da peaxe

1 minutes read
  • O control estábase realizado no punto quilométrico 6 da AG-55

Un veciño de Arteixo de 34 anos está a ser investigado por un delito contra a seguridade viaria e condución temeraria tras circular de maneira imprudente co seu vehículo, poñendo en risco ao resto dos usuarios da vía.

Os feitos ocorreron nun control rutineiro na AG-55 (punto quilométrico 6) cando axentes da Garda Civil de Tráfico da Coruña deron o alto ao condutor dun turismo que ao ver o sinal saltouse o control.

O presunto autor dos feitos, que xa ten antecedentes por feitos similares, chegou a golpear a barreira da peaxe, circular en zigzag e coas luces apagadas en plena noite. Todo isto carecendo do permiso de condución e sen ter en vigor a ITV do vehículo.

A condución temeraria pode conlevar unha pena de prisión de seis meses a dous anos de prisión.