23
O home residía en Miami onde estaba á fronte da escola de pilotos Atlantis Aviation e viaxaba coa súa familia nun avión privado. O sinistro tivo lugar cando intentaban unha aterraxe de emerxencia no aeroporto Ingalls Field, onde tamén morreron os dous pilotos da tripulación.
A alcaldesa de Betanzos, María Barral, dixo estar consternada por este tráxico suceso, e a través das redes sociais enviou “condolencias á familia e ás persoas achegadas en nome de Betanzos”.
A familia do falecido ten previsto trasladarse este martes desde Betanzos aos Estados Unidos para identificar os corpos e tramitar a súa repatriación.