Un veciño de Camariñas sáltase a corentena para ir pescar porque se angustiaba na súa casa

Imaxe de axentes do SEPRONA

  • O home, que carecía de licenza para pescar, atopábase na zona de Touriñán, a 30 km da súa residencia habitual

O Servizo de Protección da Natureza da Garda Civil (SEPRONA) de Corcubión denunciou a un veciño de Camariñas por saltarse o Estado de Alarma para ir pescar á zona de Touriñán e por facelo sen a licenza pertinente.

Os feitos producíronse mentres os axentes realizaban labores de vixilancia para o cumprimento das normas impostas no Real Decreto durante esta corentena. O Seprona divisou un vehículo escondido preto da zona dos cantís en Touriñán (Muxía), e posteriormente viu a un home que se achegaba ao turismo cunha cana de pescar, unha mochila e roupa para tal actividade.

Ao interceptar o vehículo, os axentes identificaron ao home como un veciño de Camariñas de 57 anos de idade que alegou que se desprazou 30 km da súa residencia habitual para relaxarse, xa que na súa casa se angustiaba.

Por todo iso, o SEPRONA informou o pescador de que se lle tramitarían dúas sancións: unha por saltarse o confinamento e outra por carecer do permiso para pescar. As capturas realizadas foron incautadas e devoltas ao mar.