44
Un veciño do lugar de Carantos, Coristanco, faleceu este martes na parroquia próxima de Seavia, concretamente no lugar de Nogueira. O home, de 79 anos, acudiu a media mañá a unha leira da súa propiedade no seu coche, ao tardar moito en regresar a súa familia saíu á súa busca e localizouno sen vida xunto ao turismo e a unha pedra de grandes dimensións, contra a que puido caer e golpearse, en todo caso o suceso está a investigarse e será a autopsia a que determine as causas da súa morte. O 112 Emerxencias Galicia mobilizou ao lugar á Garda Civil, Protección Civil e Policía Local de Coristanco, así como unha ambulancia do 061, pero nada puideron facer xa por salvarlle a vida.
