43
Un veciño de Barallobre (Fene) localizou este martes un artefacto explosivo nunha leira da súa propiedade. Sobre as 18:30 horas decidiu chamar ao 112 para dar conta do sucedido, polo que decontado se puxo en marcha un operativo para garantir a seguridade do home e investigar o proxectil.
O veciño atopou o artefacto explosivo, que para el semellaba un tipo de granada, cando estaba a rozar un predio de recente adquisición.