Un veciño de Ferrol morre afogado na praia da Ladeira en Ribeira


Foron varios bañistas que se atopaban na praia os que deron a voz de alarma ao ver dúas persoas que tiñan dificultades para saír do mar. Era unha parella de Ferrol que, contra as seis da tarde, se estaba bañando nunha zona de correntes. Ela puido agarrarse a unha rocha, pero o home foi arrastrado.

Finalmente poideron atrapar o home a arrastralo ata a beira; alí, os equipos de emerxencias comezaron os maxes de reanimación. Tentárono máis dunha hora pero finalmente non pioderon salvar este veciño de Ferrol.

O servizo de emerxencias 112 activara un dispositivo no que participaron persoal de Salvamento Marítimo, membros do GAEM, Protección Civil, Policia Local e Policía Nacional de Ribeira eo 061, que trasladou á zona unha ambulancia e un helicóptero medicalizado.