Un veciño de Narón afectado por inhalación de fume tras arder un lavalouzas na súa vivenda

Google Maps

  • O incidente tivo lugar nunha vivenda no Camiño do Pino sobre as 05:15 horas da madrugada

Un lavalouzas parece ser a orixe dun incendio rexistrado nunha vivenda situada no Camiño do Pino, no concello coruñés de Narón.

Aínda que nun primeiro momento non había constancia de persoas afectadas, posto que todas elas saíran ao exterior tras extinguir as lapas coa axuda dun extintor, foi necesaria a intervención dos servizos sanitarios de urxencia para trasladar a un dos propietarios, que resultou afectado pola inhalación do fume.

Todo comezou sobre as 05:15 horas desta madrugada cando un particular solicitaba ao 112 Galicia a saída dos Bombeiros para apagar un lume na vivenda do veciño. Aseguraba que non había persoas afectadas, que lle ardera o lavalouzas e que tiña a casa chea de fume.

Con estes datos, desde o 112 Galicia avisouse decontado aos Bombeiros de Narón e á Policía Local, aínda que o lume xa fora extinguido polos veciños.