42
Un home de 88 anos de idade, natural de Santiago de Compostela, faleceu na tarde deste martes na casa duns familiares que residen na Avenida Bergantiños, no barrio do Chorís en Carballo. O 112 Emerxencias Galicia pasou una alerta polo que semellaba unha parada cardiorrespiratoria desta persoa, despois de que a familia dese a voz alarma. Ata alí desprazouse unha patrulla da Policía Local cos medios humanos dispoñibles nese momento, unha oficial e dous policías. Os propios axentes, tras a carencia de ambulancia en Carballo nese momento, foron os encargados de trasladar ao equipo médico dende o centro de saúde da vila, pero os facultativos xa nada puideron facer por salvarlle a vida ao home.