Localizan o cadáver do home de 90 anos desaparecido en Aranga

Tal e como informou a Garda Civil nunha nota de audio, un veciño atopou arredor das 13:00 horas deste sábado a dous quilómetros do seu domicilio o cadáver do home de 90 anos, que desaparecera o xoves da pasada semana no municipio coruñés de Aranga.

Segundo esta fonte, o veciño atopou o cadáver cando ía visitar unha leira da súa propiedade no monte As Lagoas.

A testemuña relatou que viu unha gorra no camiño que chamou a súa atención, tras o que localizou unha chaqueta cunhas chaves dentro e posteriormente, separado da pista, uns vinte metros cara ao monte localizou un cadáver, tras o que avisou aos servizos de emerxencias.

O corpo do falecido foi trasladado ao CHUAC para realizarlle a autopsia.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha