Un vehículo dana o cruceiro do Petón de A  Escobia, en Corme Aldea


Este xoves un vehículo danou o cruceiro do Petón de A  Escobia en Corme Aldea. O autor dos feitos tivo que ser localizado pola Policía Local. O Concello asegurarase de que o cruceiro quede perfectamente restaurado, con todos os permisos de patrimonio e feito por un experto na materia como se fixo co cruceiro de Cores. Ademais estudarase colocar unhas pedras de cantería para a protección do mesmo. Dende o Concello agradecen a toda a veciñanza de Corme Aldea que estivo pendente en todo momento de que se protexera este ben. “A protección dos elementos patrimoniais é unha prioridade para o Concello de Ponteceso”, afirman dende o Goberno local.