Un vehículo en sentido contrario causa un accidente en Xerez con dous mortos

Foto_Guardia Civil.

Dúas mulleres morreron e sete persoas resultaron feridas de distinta consideración nun accidente provocado por un turismo que circulaba en sentido contrario pola autovía A-4 en Xerez da Fronteira.

O 112 de Emerxencias de Andalucía recibiu a primeira de varias chamadas pasadas as tres e media da tarde deste domingo que avisaban de que un vehículo circulaba en sentido contrario pola A-4 en sentido Sevilla, á altura de Xerez.

No accidente víronse implicados varios coches. Ata a zona desprazáronse efectivos dos Bombeiros, a Garda Civil de Tráfico e os servizos sanitarios con varias ambulancias para atender os feridos.

Os sanitarios confirmaron que como consecuencia do impacto perderan a vida dúas mulleres de 56 e de 75 anos no lugar do accidente, sen que se puidera facer nada por salvarlles a vida.

Sete persoas quedaron feridas de distinta consideración, entre elas un cativo de seis anos. Todos foron evacuados a distintos hospitais de Xerez, Puerto Real e Cádiz.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha