Un vehículo queda sobre dúas rodas en Santa Comba

0 minutes read

En Santa Comba, un coche saíuse da vía e quedou semi envorcado sobre dúas das súas rodas. Neste caso acudiron os Bombeiros de Santa Comba, aínda que a persoa estaba accesible e liberada. Con todo, colaboraron para sacala do vehículo nunha padiola espinal. As primeiras observacións apuntaban a lesións leves. Non obstante, foi evacuada polo equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Este accidente produciuse pouco antes das dez da mañá deste martes no lugar de Caselas.