“Un verán para recordar”, campaña estival da Xunta para a mocidade


A conselleira de Política Social, Fabiola García, acompañou á primeira quenda de rapaces ao campamento xuvenil da Illa de Ons, onde desfrutarán de oito días de actividades e convivencia. A Xunta inicia así a campaña estival 2021 que, a través de campamentos, minicampamentos e campos de voluntariado ofrecen ás mozas e mozos “un verán para recordar”.

Galicia acollerá 35 campamentos que formarán parte da Campaña de Verán deseñada ata o mes de setembro. As mozas e mozos que acudan a estos campamentos poderán desfrutar de diferentes actividades relacionadas co mar e coa natureza tales como o pádel surf, o tiro con arco, kaiak ou xincanas, entre outras.

Baixo o lema “O verán que mereces”, a programación estival deseñada pola Administración autonómica ofrecerá unha completa oferta de ocio seguro, na que se manterán as medidas de protección aplicadas durante a pasada edición, como a redución do aforo, o incremento do número de monitores, o reforzo das medidas de desinfección e limpeza ou a adaptación das actividades ás normas hixiénico-sanitarias.