Un videoxogo creado na Coruña, semifinalista dos premios Play Station

  • O xogo foi creado como proxecto de formación, chámase «Light Revenge».

Light Revenge, o primeiro proxecto realizado polos estudantes do Máster en Creación de Videoxogos da escola EBF (European Business Factory) da Coruña foi seleccionado para as semifinais dos Premios PlayStation, os galardóns que cada ano Sony España entrega ás creacións de videoxogos feitas por pequenos estudos emerxentes de todo o territorio nacional.

Light Revenge estará presente, xunto con outros 19 videoxogos, na caseta de Sony na Madrid Games Week, a maior feira de videoxogos de España, que se celebrará entre os días 3 e 6 de outubro na capital. Os asistentes á feira poderán probar Light Revenge na caseta de PlayStation.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha