Un xabaril amaga con atacar aos viandantes no centro de Carballo

1 minutes read

Preto da unha da noite deste domingo, segundo testigos presenciais, un xabaril de magnitude considerable invadiu a rúa Fomento de Carballo en dirección á Praza de Galicia, tal e como se amosa no vídeo que circulou a velocidade alta, como a do animal, polas redes sociais. Uns viandantes tiveron que facer unha manobra evasiva, dado que o porco bravo ameazaba con encararse con eles. A zona está chea deste tipo de raza, outro xabaril á mesma hora impactou contra un coche no quilómetro 6 da DP-1914, en Rus, producíndolle algúns desperfectos. Ao punto acudiu unha patrulla da Garda Civil de Tráfico que instruíu as correspondentes dilixencias.