O pasado martes nhdiario.es informaba de que unha manda duns 12 xabaríns paseábase ás súas anchas pola rúa Ponte da Pedra de Carballo chegando a provocar un pequeno sinistro de tráfico na zona. Tamén puidemos saber que outra considerable manada destes animais provocou outro accidente leve cun turismo a última hora da tarde deste mércores na estrada de Carballo a Razo, á altura da ponte da autoestrada en Oza, o vehículo tivo que realizar unha manobra evasiva para evitar consecuencias maiores. Pois como podemos ver a cousa non queda aí, este xoves persoal de Mergullo Malpica difundía un vídeo nas redes sociais onde se apreciaba un xabaril nadando pola zona de Os Muiños en Cerqueda. Tal e como podemos apreciar na gravación, o animal deféndese moi ben na auga.