Un xabaril na pista obrigou este sábado a pechar o aeroporto da Coruña

Dous voos , un con orixe desde Madrid e outro desde Milán tiveron que ser desviados a Santiago de Compostela, donde finalmente aterraron. Ademais os pasaxeiros dos voos programados para engalar desde Coruña con destino a Madrid e Barcelona tiveron que agardar para poder viaxar. Na súa conta na rede social X, o aeroporto coruñés informaba desta incidencia. 

«Lamento traerlles a Santiago», afirmou o piloto do voo IB0453 que aterrou en Compostela, que explicou que non tivo máis remedio e que máis voos se viron afectados, tamén, nalgún caso, pola propia imposibilidade de despegar. «Unha vez máis pedirlles desculpas, pero a aviación é así», dixo, para engadir que nada se pode achacar nin á terminal nin á compañía.

Related posts

O BNG de Santa Comba tilda de ‘desastre de xestión’ a acumulación de lixo preto de instalacións municipais

Un home de 55 anos morre atropelado no polígono do Tambre, en Santiago

Mazaricos acollerá esta fin de semana a XXVII Festa do Bolo do Pote