A orde da Comunidade de Madrid que prohibía fumar en espazos públicos sen distancia de seguridade ou o peche do lecer nocturno, entre outras medidas contra o coronavirus, foi anulada este venres polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Madrid ao non ser recollida previamente no Boletín Oficial do Estado (BOE) e entender que limita os dereitos fundamentais se non se declarou un estado de alarma. O Executivo rexional anunciou que recorrerá e Moncloa asegura que a lei de Saúde Pública si habilita ao goberno de Madrid a tomar esas medidas. Tras coñecer a decisión, a Comunidad de Madrid pediu unha «urxente aclaración» do auto ao xuíz, que se ratificou na súa decisión polo que o Executivo rexional anunciou que recorrerá.
Un xuíz anula en Madrid a orde de prohibir fumar na rúa e outras medidas
Stop tabaco_PIXABAY