Josep Maria Bartomeu, expresidente do Futbol Club Barcelona, foi imputado polo suposto pago de comisións millonarias nas fichaxes de Antoine Griezmann ou Malcom. A investigación dos últimos dous anos froito dunha denuncia presentada polo actual dirixente culé, Joan Laporta, serviu para que o Xulgado de Instrución número 16 de Barcelona le cite en calidade de investigado, xunto a varios dos seus directivos. Na denuncia presentada por Laporta, asegurábase que o expresidente do Futbol Club Barcelona xerou un grave prexuízo económico para as arcas do club. O informe elaborado pola axencia de detectives Kroll situaba as perdas en máis de 30 millóns de euros, ademais de asegurar que a xunta directiva de Bartomeu podería incorrer nos delitos de apropiación indebida, administración desleal e falsidade contable. Xunto a Bartomeu acudirá ao xulgado Óscar Grau, número dous na xunta, e José Ángel González Franco, avogado que interveu na fichaxe de Griezmann procedente do Atlético de Madrid. Nunhas vistas previstas para o próximo 24 de outubro e 4 de decembro, respectivamente. O expresidente blaugrana tamén se atopa involucrado noutro proceso xudicial como consecuencia do Caso Negreira.
Un xuíz imputa a Bartomeu, por pago de comisións en fichaxes, tras unha denuncia de Laporta
Foto.- fcb.