O que parecía imposible fíxose realidade e o Concello de Ponteceso conseguiu sacar adiante o Plan Único da Deputación por unanimidade da Corporación, a pesar das críticas dos grupos da oposición ao alcalde socialista, Lois García Carballido. En todo caso, o rexedor mostrou a súa satisfacción por sacar adiante o POS e agradeceu a colaboración do Partido Popular e Apin, que, segundo dixo, foron claves para conseguilo.