32
Os cinco grupos con representación no Parlamento de Galicia (PPdeG, PSdeG, Grupo Común da Esquerda, BNG e Grupo Mixto) presentaron ante a Mesa da Deputación Permanente do Parlamento de Galicia unha proposta de funcionamento excepcional e mentres permanezan as situacións de Estado de Alarma e de Emerxencia Sanitaria.
Acordaron que:
· A Deputación Permanente reunirase unha vez por semana.
· O presidente da Xunta comparecerá dúas veces ao mes en semanas alternas para informar sobre a situación da pandemia.
· Nas semanas que non compareza o presidente, a orde do día das sesións incluirá a comparecencia dalgún conselleiro ou conselleira e ata nove preguntas orais dos grupos parlamentarios.