Sen poder pedir cita para o médico, ler o correo ou traballar os nenos en internet, así están en As Touzas, no concello de Dumbría, un lugar que agrupa unhas quince vivendas habitadas e na maioría din ter problemas coa telefonía fixa e Internet desde decembro pasado. A rede telefónica deste lugar é para ver. Cables suxeitos con cordel a un balcón, postes partidos ou semiderrubados, cables polo chan.
Levan así nove meses longos como consecuencia dun temporal. E de aí veñen os problemas que teñen desde principios de setembro. A solución do servizo por satélite fallou e, ao parecer, non teñen Internet nin teléfono fixo.
O fallo na rede de comunicación afecta en xeral os residentes do lugar e, especialmente, os catro negocios de gandería, asesoría e panadería aquí establecidos. Os veciños din que Telefónica nos lles fai caso ningún e pediron a mediación do Goberno municipal para que a compañía arranxe a liña canto antes.