O concelleiro de Seguridade Cidadá da Coruña, Juan Ignacio Borrego, outorgou no salón de plenos o premio do Concurso de Seguridade Viaria organizado pola Policía Local, que recaeu na alumna Andrea Cagiao, da EASD Pablo Picasso, á que se dirixe este certame. A rapaza soubo sintetizar nunha ilustración amable e orixinal a importancia de que as nenas e nenos utilicen o SRI (Sistema de Retención Infantil) até alcanzaren unha constitución que garanta a súa seguridade. O edil destacou que o talento de Andrea servirá para difundir esta mensaxe a través de carteis, nos que se poderá apreciar a actitude colaboradora da muller policía que colle no colo a un neno que non chega aínda á altura recomendada para deixar de usar a cadeira. A estudante recibiu un galardón valorado en 300 euros para gastar en diverso material.