Unha alumna de Santa Comba, Premio extraordinario de ESO ao rendemento académico

1 minutes read

A Xunta de Galicia vén de recoñecer o traballo de 20 estudantes de centros educativos galegos cos Premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso 2022/2023. Galardóns entregados co obxectivo de dar visibilidade ao esforzo e dedicación do alumnado que cursou esta etapa educativa cun excelente aproveitamento. Entre os recoñecidos está Soraya Paredes Negreira, do IES Terra de Xallas. A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidade dota cada un destes premios cun galardón de 1000€. Ademais, cada persoa galardoada recibirá un diploma acreditativo e a distinción será anotada no seu expediente académico.

Os premios son compatibles, así mesmo, con calquera outro tipo de premios, bolsas ou axudas concedidos por algunha administración pública competente ou calquera ente público ou privado, nacional, da Unión Europea ou organismos internacionais. Puido acceder a esta convocatoria o alumnado que cursase o pasado ano académico 4º de ESO e que obtivese no conxunto da etapa unha nota media igual ou superior a nove puntos. Os presentados deberon, así mesmo, realizar unha proba específica.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?