Unha App permite que cazadores, camiñantes e ciclistas poidan gozar xuntos do mesmo lugar

PIXABAY

  • Grazas á xeolocalización, os demais usuarios saberán onde están a operar os cazadores e poderán evitar esa área

Unha aplicación de smartphone promete mellorar a seguridade e a convivencia entre cazadores, ciclistas e camiñantes que se atopan nun mesmo espazo. Por agora está a ser probada en Paladru, no departamento francés de Isère.

A pesar das medidas de seguridade e alerta, os accidentes de caza seguen sendo demasiados en Francia e o bosque segue sendo moi difícil de compartir.

“Se pedimos unha prohibición de caza para o domingo, os cazadores poderían pedir que os excursionistas non camiñasen outro día da semana. Non é a solución, queremos poder vivir xuntos, e creo que esta aplicación é algo moi positivo”, explica á Euronews Béatrice Étévé, da Federación Francesa de Sendeirismo.

Aínda en fase experimental, a App permite aos cazadores dar a coñecer de forma moi precisa, grazas á xeolocalización, non só a zona na que están senón tamén a zona na que operarán, de maneira que os excursionistas, recolectores de cogomelos ou ciclistas sexan avisados cun sinal sonoro cando se acheguen a esa área.

Aínda ten que superar unha fase de proba e de aceptación, xa que superar os prexuízos e eliminar as hostilidades levará o seu tempo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha