Unha avalancha nun concerto deixa polo menos 8 mortos en Houston


Polo menos oito persoas morreron e varias resultaron feridas nunha avalancha multitudinaria durante o concerto do rapero Travis Scott, ao que asistiron unhas 50.000 persoas no Festival Astroworld. «Só sabemos que, a multitude comezou a comprimirse cara ao escenario, o que desatou unha reacción de pánico, provocando, que a xente caese ao chan, uns asfixiados, e outros feridos ou inconscientes. E iso creou un pánico adicional», declarou Sam Pena, Xefe de bombeiros de Houston. A estampida produciuse durante a actuación do rapero estadounidense Travis Scott, nun dos moitos concertos programados nese festival. 17 persoas foron hospitalizadas, e 11 delas sufriron un paro cardíaco. Unha investigación foi aberta para determinar as causas desta avalancha humana. O festival foi cancelado.