Unha avaría reincidente deixa sen luz a varios veciños da parte alta de Carballo

Foto.- dpm.

Veciños da zona alta da céntrica rúa Vázquez de Parga de Carballo, e rúas próximas ata a altura da rúa Alfredo Brañas quedaron ás escuras este domingo debido a unha incidencia no centro de transformación situado á altura das antigas casas dos mestres e que dá subministración de baixa tensión a boa parte dos edificios de vivendas e servizos da zona. Os veciños quéixanse de que este lugar vese afectado con frecuencia por este tipo de cortes, polo que piden dunha vez por todas se solucione a avaría. Afirman que se crea unha gran inseguridade, sobre todo se é á primeira hora da noite como ocorreu este domingo, dado que ademais da luz das vivendas, tampouco funciona a iluminación pública nin os semáforos.