16
O artefacto, duns seis metros de altura, percorreu uns 6.000 quilómetros á valga, arrastrada polas correntes, ata que as ondas a deixaron nunhas rochas na praia de Nemiña. Crese que é unha boia cun dispositivo de iluminación que serviu para marcar a canle de acceso a un porto. Un temporal debeu desprendela do seu morto antes de cruzar todo o Atlántico.