0
Unha bóla brillante atravesou o ceo de Santa Comba ás 7:30 da mañá deste luns, como gravou un veciño. Os astrofísicos consultados cren que é lixo espacial, debido aos destellos e a que se aprezan varias colas como de varios obxectos desintegrándose. A entrada na atmosfera de refugallos espaciais é algo moi habitual aínda que non sempre nos decatemos.