Unha cámara de seguridade da AP-9 capta o accidente mortal na peaxe de Guísamo


A cámara de seguridade da AP-9 rexistra os segundos previos ao accidente. O condutor vira primeiro á esquerda e rectifica a dirección bruscamente cando está a poucos metros das cabinas de peaxe. Semella que non pisa o freo en ningún momento.

Tras o choque, o coche quedou virado no vial de pago. O condutor logrou saír polo seu propio pé, pero a súa muller, que viaxaba de copiloto, faleceu no acto. Trátase dunha muller de 58 anos veciña de Ferrol

Os bombeiros de Betanzos tiveron que liberar o corpo, que quedou atrapado dentro do vehículo. A traballadora de Audasa, residente en Pontedeume, que estaba no posto de cobro resultou ferida grave. Segue ingresada no hospital, pero evoluciona favorablemente.

As imaxes da cámara de Audasa axudarán a determinar as causas do accidente. A Garda Civil xa apuntaba no lugar do sinistro que se puido producir por un volantazo do condutor para corrixir a traxectoria do coche.