- Este mércores tivo lugar o acto de recepción deste sistema, adquirido grazas ao Fondo de Compensación Ambiental
O Concello de Vimianzo conta desde este mércores cun equipo portátil de visionado mediante cámara robotizada para realizar as inspeccións correspondentes na rede de saneamento do municipio.
Durante a mañá de onte tivo lugar o acto de recepción deste sistema, adquirido grazas ao Fondo de Compensación Ambiental, no que estivo presente o concelleiro de Obras, Miguel Ángel Pérez, quen sinalou que este aparello «será de gran utilidade para o persoal traballador dos técnicos do servizo de augas e Protección Civil, e contribuirá a axudarnos na preservación da rede de saneamento para evitar ou previr futuras incidencias». De feito, tanto técnicos como voluntarios de Protección Civil recibiron por parte da Xunta de Galicia un curso base para aprender as técnicas principais do manexo do equipo.