Carballo | Unha casa de Entrecruces «castigada» sen rede de sumidoiros

1 minutes read

Unha familia dunha vivenda do lugar de Taboada, na parroquia carballesa de Entrecruces, denuncia que a súa casa é a única da zona na que non se instalou a rede de sumidoiros. Fixérono a través da formación Xuntos Carballo, que lidera Xesús Deus Gende, e que conta como responsable de Obras con José Luis Bardanca.

Segundo transladan, cando empezou a canalización desde a empresa encargada dos traballos, transmitiuse que a vivenda estaría incluída na obra. Ao ver que non se procedía a conectar a casa coa rede os afectados volveron insistir, ao que lle contestaron que si se faría, pero máis adiante, xa que precisaban outra clase de maquinaria.

Pasado un tempo, sen ningunha actuación, novamente os afectados transmitiron a inquietude, nesta ocasión ao responsable de Obras do Concello, (sempre segundo a versión dos afectados), que nun primeiro momento si estaba contemplado conectar a vivenda, pero agora quedaría excluída ata unha próxima execución que non tiña data nin trazas de tela.

A familia solicita unha actuación urxente que lle permita ser dotados do servizo e deixar de depender dunha fosa séptica que require continuo mantemento. O estado de ánimo non só é dunha tremenda decepción senón que o consideran un claro caso de discriminación e de engano.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?