Unha colisión en cadea deixa dous feridos en Ourense

Imaxe dunha colisión en cadea

  • O accidente produciuse na estrada que une Viana do Bolo coa Rúa sobre as 22:30 horas deste mércores

Un vehículo colidiu contra outro cuxo condutor parou para socorrer a un terceiro que se saíu da vía co seu coche sen carné.

Sucedeu ás 22:30 horas da noite de onte na estrada que une Viana do Bolo coa Rúa, á altura do cruce das Hermitas.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, tratouse dunha colisión en cadea que deixou dúas persoas feridas de carácter leve. Un coche sen carné saíuse da vía no cruce das Hermitas e mentras que outro condutor lle prestaba axuda, un terceiro vehículo bateu contra o coche deste último. As vítimas foron atendidas inicialmente no Punto de Atención Continuada de Viana do Bolo.