39
Un accidente entre catro vehículos, tres turismos e un camión, na N-634 ao seu paso polo concello do Pino, saldouse cunha persoa ferida que tivo que ser trasladada ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS).
A colisión produciuse arredor das 16:30 horas deste venres e foi necesaria a intervención do equipo de limpeza e mantemento de Fomento.