Unha colisión entre catro vehículos deixa dúas persoas feridas en Cambre

1 minutes read

Dúas persoas resultaron feridas este xoves despois de colidir un total de catro vehículos na localidade coruñesa de Cambre, á altura do punto quilométrico 7 da AC-12, no Temple.

Dez minutos antes das 17:30 horas un particular chamou ao 112 Galicia para informar do accidente e, decontado, os xestores de emerxencias pasaron o aviso ao persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Ademais, foron informados da situación os axentes de Tráfico, da Policía Local e os Bombeiros de Arteixo. Ata o lugar tamén se desprazaron os membros do servizo de mantemento da estrada, que se encargaron da limpeza da vía.

Segundo a información recibida no 112, a través dos servizos sanitarios, os dous feridos foron trasladados ao Hospital Quirón da localidade.