Unha colisión entre cinco turismos e un autobús deixou tres feridos en Pontedeume

No autocar viaxaban medio cento de pasaxeiros, que resultaron ilesos e puideron continuar o seu traxecto a bordo doutro vehículo.

Varios particulares contactaron co 112 Galicia ao fío das 9:30 horas deste venres, explicando que presenciaran unha colisión en cadea no quilómetro 18 da AP-9F, á altura da parroquia eumesa de Vilar e en sentido Ferrol. De feito, pouco despois chamaba un dos condutores para solicitar asistencia sanitaria para algunhas das persoas implicadas no accidente.

De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Betanzos, da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local de Pontedeume e dos servizos de mantemento da autoestrada.

Unha vez no lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que todas as persoas estaban liberadas e accesibles: tres delas, que viaxaban en diferentes coches accidentados, tiveron que ser trasladadas en ambulancia ao centro hospitalario de referencia.

Por último, os Bombeiros encargáronse da limpeza da vía para restablecer as condicións seguras de circulación.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha