36
- O accidente tivo lugar na N-550 e ningún pasaxeiro resultou ferido
Unha persoa resultou ferida despois de verse involucrada nun accidente entre un coche e un autobús en Caldas, concretamente na N-550, xunto ao tanatorio.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente ás 12:30 horas deste mediodía e foi a propia Garda Civil quen alertou do suceso ao GES de Valga.
Segundo fontes da Policía Local, o autobús cubría a liña de Pontevedra a Santiago e ningún dos pasaxeiros resultou ferido. O ocupante do turismo foi trasladado ao centro hospitalario de referencia.