Unha colisión entre un camión e un coche sen carné deixa un falecido en Melide

1 minutes read
  • Sucedeu arredor das 15:30 horas na estrada N-547 dirección Lugo, nas proximidades do polígono industrial

Un señor de mediana idade perdeu a vida este xoves tras bater o coche sen carné que conducía contra un camión. Sucedeu arredor das 15:30 horas na estrada N-547 dirección Lugo, nas proximidades do polígono industrial do concello coruñés de Melide.

Foi un particular quen alertou do accidente ao 112 Galicia, desde onde se deu aviso ao 061, aos Bombeiros de Arzúa, aos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local e aos membros de Protección Civil do municipio.

Tamén foi requirida a presenza do helicóptero medicalizado pero a vítima, que tivo que ser excarcerada do turismo polos Bombeiros, faleceu no acto.