Unha colisión entre un camión e un turismo na AP-9 en Ordes deixa dous feridos

Imagen de archivo de la ventana rota de un coche_PIXABAY

  • Unha das vítimas tivo que ser evacuada nun helicóptero medicalizado

Dúas persoas resultaron feridas este venres nunha colisión entre un camión e un turismo na AP-9, ao seu paso pola parroquia de Buscás, no concello coruñés de Ordes. As persoas afectadas –ocupantes do turismo- foron trasladadas ao centro hospitalario de referencia: unha en ambulancia e outra nun helicóptero medicalizado. O camioneiro resultou ileso.

O 112 Galicia tivo coñecemento do incidente ao fío das 15:45 horas. De inmediato se puxo en marcha un operativo no que tamén participaron membros do Servizo de Prevención Extinción de Incendios e Salvamento de Ordes.

Para que o operativo puidese transcorrer da forma máis adecuada, foi necesario interromper a circulación durante algúns momentos e desviar o tráfico pola saída 41, cara a N-550. Para estas actuacións requiriuse o traballo da Garda Civil de Tráfico e do servizo de mantemento das estradas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha