Unha colisión frontal entre dous turismos deixa cinco persoas feridas en Melide

1 minutes read

Cinco persoas resultaron feridas tras colidir frontalmente os dous vehículos nos que viaxaban. Pese a que, os bombeiros descartaron o uso do material de excarceración para liberar aos feridos, posto que ningún deles quedou atrapado no interior dos vehículos, si se axudaron con dito material para poder achegarse a un dos ocupantes e proceder á súa evacuación.

O Centro de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia tivo constancia do accidente sobre as 11:30 horas deste venres, a través da chamada dun particular. Indicaba que acababan de colidir dous turismos que circulaban pola N-547, fronte a nave de Cash Record, no termo municipal de Melide e que había persoas atrapadas nos dous vehículos.

Así, desde o CIAE informouse de inmediato a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e aos Bombeiros de Arzúa, así como, á Garda Civil de Tráfico, Policía Local e Protección Civil. Ademais, púxose en alerta aos Bombeiros de Ordes, por si fose necesaria a súa intervención.

Unha vez no lugar do sinistro e valorar a situación, os profesionais sanitarios comunicaron ao 112 Galicia a saída do helicóptero medicalizado con base en Santiago, que tomou terra no mesmo lugar dos feitos.