Tres persoas tiveron que ser axudadas polos equipos de emerxencia tras producirse un accidente entre dous vehículos nas primeiras horas deste venres.
O 112 Galicia tivo constancia dunha colisión frontal a través del sistema e-call, ferramenta que establece comunicación coa central de emerxencias ao detectar un impacto no vehículo de madrugada. Durante a comunicación establecida co interior do habitáculo dun dos turismos sinistrados, os seus ocupantes informaban da dificultade de abandonalo polos seus propios medios.
Decontado, os xestores do 112 pasaron aviso aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Arteixo e aos axentes da Garda Civil de Tráfico.
Unha vez no punto, máis precisamente á altura do punto quilométrico 1.2 da AC-551, ao seu paso pola parroquia de Oseiro, os equipos de intervención indicaron ao 112 que non foi preciso empregar o material de excarceración. Sen embargo, a colaboración entre os bombeiros e o equipo médico foi fundamental para sacar aos feridos do interior dos vehículos en seguridade.
En total, tres persoas foron evacuadas en ambulancia ata o centro hospitalario de referencia.
Co fin de restablecer as condicións de seguridade na vía, desde o CIAE-112 Galicia solicitouse a colaboración dos efectivos de Protección Civil de Arteixo e do servizo de mantemento das estradas. Tamén pasouse aviso aos axentes da Policía Local.