Un total de 4 coches víronse implicados neste accidente. O aviso ao 112 Galicia chegou cando pasaban uns minutos das 9 da mañá deste sábado.
Un particular, implicado no suceso, informaba dun choque con catro coches implicados ao seu paso por Arteixo, na AG-55, quilómetro 19.8, en Monteagudo. Solicitaba, ademais, asistencia sanitaria para unha persoa.
Desde o 112 Galicia pasouse aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros de Arteixo, aos efectivos do Servizo Municipal de Protección Civil e ao persoal da estrada.
Unha vez no lugar, os axentes de Tráfico comunicaron que un dos coches comezara a arder, polo que, ademáis dos Bombeiros de Arteixo tamén foron informados os de Carballo.
Finalmente, tras rematar a evacuación dos feridos, o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 confirmou ao 112 Galicia o traslado de dúas persoas.
