Unha colisión múltiple deixou dúas persoas feridas e atrapadas en Val do Dubra

Bombeiros Xallas.

Os Bombeiros do Xallas acudiron a este sinistro para rescatar dúas persoas en coches distintos. En total, foron tres os vehículos implicados na colisión, que se produciu na DP-1914, concretamente na Rúa Entrepontes, ao paso pola localidade de Val do Dubra.

A información sobre este sinistro chegou ao 112 Galicia mediante as chamadas de alertadores, pero tamén polo sistema ecall dun dos vehículos accidentados. Deste xeito, activáronse os protocolos de actuación correspondentes para a mobilización dos recursos necesarios: Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Bombeiros do Xallas, Garda Civil de Tráfico e o apoio dos voluntarios de Protección Civil da localidade.

Cómpre indicar que a presenza dos bombeiros respondía á necesidade de liberar aos dous feridos, en vehículos distintos, que estaban, ademais, atrapados dentro dos coches. Unha vez fóra, os afectados foron atendidos polo persoal médico co seu posterior traslado a centros sanitarios de referencia.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha