Unha colisión múltiple entre seis vehículos deixa catro feridos en Vigo

1 minutes read
  • O accidente produciuse durante a mañá deste sábado e unha das vítimas tivo que ser exarcerada polos bombeiros

Un accidente múltiple, no que se viron implicados seis vehículos, saldouse con catro persoas feridas na Avenida de Alcalde Portanet, á altura do número 40, en Vigo. Unha delas tivo que ser excarcerada polos bombeiros ao quedar atrapada no interior dun dos turismos.

A colisión tivo lugar ás 10:15 horas da mañá deste sábado e foron varios os particulares que deron o aviso ao 112 Galicia alertando unha accidente na parroquia de Santa María de Castrelos.

A Axencia Galega de Emerxencias puxo a situación en coñecemento dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Vigo, da Policía Local e de Protección Civil da localidade.

As catro persoas foron evacuadas en ambulancia ao centro hospitalario de referencia.