O suceso ocorreu nun Festival de cometas na cidade de Hsinchu, en Taiwan, unha nena de 3 anos saíu voando enredada nunha. A menor estivo suspendida uns 30 segundos e cunha velocidade de vento de ata 61 km/h. A Cometa xigante chea de caramelos elevouse súbitamente no aire por un forte refacho de vento, coa mala sorte de enganchar pola cintura a unha nena que participaba xunto aos seus pais no festival. A cometa tirou dela e a nena é zarandeada no aire ante o estupor da multitude. Todos tratan de tirar da cometa cara ao chan para poder rescatala, pero estivo a voar ata que puideron collela cando o aire xa a devolvía á terra. Segundo a axencia central de noticias de Taiwan, a pequena só sufriu feridas menores e investigan como foi que quedou unida á tea.
37