Alumnos de 4°da ESO do Maximino Romero de Lema, da materia de “Intelixencia Artificial” (IA), creou unha curta sobre igualdade: “Descubre la igualdad a través de la IA” / “Discover equality through AI”, onde facendo uso da IA, analizan os avances dende a Idade Media en materia de igualdade.
O alumnado entrevista a persoeiros históricos da época como os Reis Católicos e aos protagonistas de “La Celestina”, Calixto e Melibea. Despois serán estes persoeiros os que entrevisten e pregunten ao alumnado do IES sobre que avances houbo ou, se pola contra, se manteñen aínda moitas trabas en materia de igualdade.
A curta foi seleccionada para o “11th INTERNATIONAL YOUTH FILM FESTIVAL Plasencia EnCorto” de Extremadura, a onde acudirán o vindeiro mes de abril xunto con outros participantes de Portugal, Italia, Dinamarca, Bélxica, Grecia, Arxentina, Korea, Rusia ou Lituania, para expoñer un documental feito no IES Maximino Romero de Lema empregando diferentes ferramentas e aplicacións de Intelixencia Artificial.
“Descubre la igualdad a través de la IA” / “Discover equality through AI” xa conseguiu o obxectivo, que era estar no festival. Agora agardan aprender da experiencia.
O centro educativo agradece aos alumnos Alicia e Enrique o traballo levado a cabo e ao profesorado Fina Paulos Lareo e Óscar Manuel Rey Calo por coordinar a iniciativa.