Unha delegación de rapaces xaponeses visitará a Costa da Morte


A conselleira de Política Social, Fabiola García, destacou o éxito do programa Xuventude no mundo que desenvolve a Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, no que xa participaron 275 mozas e mozos galegos desde que se puxo en marcha en 2010. Fíxoo durante a recepción no Museo das Peregrinacións dunha delegación de rapazas e rapaces xaponeses que, ao abeiro desta iniciativa, estarán en Galicia ata o día 11 de marzo.

Fabiola García deu a benvida aos participantes deste programa e instounos a aproveitar a oportunidade de achegarse á cultura, ás costumes galegas, así como a desfrutar dos paisaxes e da gastronomía.

A conselleira asegurou que a Xunta de Galicia seguirá a apostar polo programa Xuventude no mundo, xa que é unha experiencia enriquecedora para os seus participantes. Neste sentido, apuntou que xa está fixada a data para o próximo intercambio entre Xapón e Galicia, que será do 19 ao 26 de agosto, cando 15 mozas e mozos galegos acudan ao país asiático.

Fabiola García recalcou que esta iniciativa do Goberno galego demostra que o vínculo entre ambos territorios “é moito máis que cultural e patrimonial, é un irmandamento das súas xentes”.

Así mesmo, recordou que a posta en marcha do intercambio entre os mozos e mozas de Galicia e Xapón nace a raíz da unión de ambos territorios polo irmandamento, que acaba de cumprir 20 anos, entre o Camiño de Santiago e o Camiño Kumano Kodo, ubicado na Prefectura de Wakayama, de onde tamén procede a delegación nipona.

As rapazas e rapaces vidos do Xapón poderán visitar durante estes días diferentes lugares da nosa comunidade. A maiores da capital galega, onde realizarán unha pequena ruta do Camiño de Santiago, tamén terán a oportunidade de coñecer A Coruña ou paraxes emblemáticos da Costa da Morte como a Fervenza do Ézaro.

A conselleira de Pol’tica Social, Fabiola Garc’ía, recibiu ao grupo de mozas e mozos procedentes da Prefectura de Wakayama, en Xap—ón, que participan no programa de intercambio “Xuventude no mundo”