Unha denuncia en Galicia propicia a caída da banda que clonaba tarxetas bancarias

Equipo da Garda Civil de Ferrol_Fonte: G.C.

A Garda Civil detivo en Lleida tres persoas que presuntamente clonaban tarxetas bancarias. A primeira denuncia interpúxose no posto da Garda Civil de Salvaterra de Miño. Comezou aí unha investigación, efectuada por axentes da Policía Xudicial de Tui e dirixida por un xulgado de Ponteareas, que deu co arresto en Lleida de tres persoas de orixe camerunés que supostamente mercaban billetes de transporte coas tarxetas duplicadas e que despois revendían moi por debaixo do prezo establecido a persoas inmigrantes. A Garda Civil cre que durante os tres anos en que estiveron operativos gañaron uns 120.000 euros. A operación continúa aberta.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha