38
A dirección da discoteca Canelas de Portonovo emitiu un comunicado no que dan a coñecer a cancelación da celebración da festa de Fin de Ano. Aseguran que foi unha decisión que lles custou moito tomar, xa que tiñan todo preparado para o evento e 2.200 entradas vendidas. Informan que o importe destas entradas será devolto de maneira inmediata, confiando en que actitudes responsables coma esta permitan en breve retomar a actividade dun sector especialmente tocado pola pandemia. A bo seguro non será a única, desde a Asociación Provincial de Hostaleiros de Pontevedra, cifran nun 60 % as cancelacións de ceas e festas de fin de ano pola pandemia.